- La Casa Whaley: la casa que construyó su propia leyenda - 9 de octubre de 2026
- Manual para farmear aura - 20 de septiembre de 2026
- Ida y Vuelta (I) - 13 de septiembre de 2026
MJ Pérez lanza “Perdín a memoria”, unha explosión de liberdade emocional que adianta o seu novo disco
- Unha produción «made in Portugal» da man de Sérgio Miendes, produtor da Garota Não
- O videoclip, rodado no mítico Cine de Osebe, mestura humor, surrealismo e memoria colectiva
- MJ Pérez volve á súa esencia neste tema que recorda a «Ai de Min» ou «O fío do que pendo» e que poderemos escoitar en directo na xira que a artista está a piques de anunciar
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025 – MJ Pérez presenta “Perdín a memoria”, un novo sinxelo que funciona como berro de renacemento, de amor inesperado e de ruptura co pasado. A canción, escrita entre Galicia e Francia, é un tema eufórico que fala de comezos e de deixar atrás a dor desde a alegría, cunha produción coidada feita en Portugal da man do recoñecido músico e productor Sérgio Miendes.
A peza mestura galego e francés nunha letra que se move entre o desexo, a liberación emocional e a vontade de reconectar coa vida. Cun son potente e luminoso, “Perdín a memoria” recupera o espírito de temas icónicos do seu repertorio como “Ai de min!” ou “O fío do que pendo”, nun rexistro co que o seu público máis fiel sentirase identificado.
«É, ao fin e ao cabo, unha canción de amor, de como algo inesperado ou diferente pode chegar a rompernos os esquemas e facernos ver as cousas doutra meneira. Mais non só, tamén é unha canción que fala dun longo camiño interior, de deixar atrás certos momentos difíciles para camiñar cara novos horizontes«
O videoclip rodouse no antigo Cine de Osebe, un local mítico inaugurado nos anos 60 que foi durante décadas punto de encontro e imaxinario compartido para xeracións de veciños e veciñas de Teo. Alí, onde a pantalla proxectaba historias para todos os públicos, a artista decidiu contar a súa propia. “Coa música podo
narrar, pero co audiovisual podo darlle outra dimensión ao que quero dicir”, afirma MJ Pérez, que escolleu este espazo cargado de memoria para transformar o videoclip nunha peza única.
Dirixido por Iago Vilarinho, Gustavo Dieste e MJ Pérez, aposta por unha estética entre o absurdo e o surrealismo, cunha protagonista que se multiplica entre secuencias que mesturan humor, tenrura e forza visual. A posta en escena conta cun vestiario vermello espectacular deseñado por La Mapache, e a corrección de cor é obra do recoñecido Suso Bello.
A produción nace dunha colaboración internacional cociñada a lume lento: Miendes —guitarrista e productor de artistas como A Garota Não ou João Pedro Pais— implicouse desde o primeiro momento, traballando coa artista entre Setúbal e Galicia. O resultado é unha canción que respira frescura, calor e verdade, onde tamén colaboran a percusionista Ailén Kendelman e o produtor Peter Petrowski. A gravación foi rematada en Galicia no inverno de 2024, tras unha actuación conxunta no Auditorio de Galicia en Santiago onde A Garota convidou a MJ a cantar este tema por primeira vez en directo.
Sobre MJ Pérez
MJ Pérez é unha das voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e acumula máis de 200 concertos por toda Galicia e tamén Portugal. Suma xa catro álbums, diversos singles e colaboracións con artistas como CRUA (PT). Estivo presente en festivais e nos principáis circuítos musicais de Galicia.
Cun forte compromiso coa lingua e cultura galegas, combina a súa formación en comunicación audiovisual coa creación musical, producindo os seus propios videoclips, algúns seleccionados en festivais como Cans ou o OUFF. Conta cunha discografía diversa e en constante evolución, con traballos como Guerrilleira, Casandra ou A Luz Prendida.
Foi recoñecida con premios como o Xuventude Crea ou o Martín Códax da Música. Ademais da música, participa activamente en proxectos audiovisuais e iniciativas culturais, destacando pola súa creatividade e compromiso social.
MJ Pérez lanza “Perdín a memoria”
Sobre el contador
El contador registra los artículos que lees en este navegador durante un periodo de 12 meses. No utilizamos tu dirección IP ni identificamos quién eres. Si quieres desactivar el contador, activa Funcionales.
Puedes gestionar esta funcionalidad desde Configurar cookies.
Luz Cultural es un proyecto cultural independiente. Si quieres ayudarnos a seguir creciendo, puedes apoyar el proyecto.
APOYAR LUZ CULTURAL

Más leídos